Imprimir
El Militante e o Sindicato de Estudantes denuncian as detencións e rexistros decretados pola Audiencia Nacional contra militantes de AMI (Assembleia da Mocidade Independentista) como unha vulneración manifesta de dereitos democráticos básicos (como a El Militante e o Sindicato de Estudantes denuncian as detencións e rexistros decretados pola Audiencia Nacional contra militantes de AMI (Assembleia da Mocidade Independentista) como unha vulneración manifesta de dereitos democráticos básicos (como a presunción de inocencia) e a aplicación dunha política represiva de fondo carácter reaccionario. Trátase de detencións políticas, que perseguen amedrentar á militancia independentista por medio de intervencións de carácter "preventivo". As imputacións son especialmente escandalosas, xa que pretenden castigar ideas e opinións políticas, baixo a acusación de inxurias ao Rei e ás institucións. Estas actuacións insírense nunha vaga represiva contra organizacións independentistas, con feitos como a ilegalización de Batasuna ou a detención "preventiva" de militantes independentistas galegos antes do Desfile do Día das Forzas Armadas deste ano, celebrado na Coruña.

Ante estes feitos, manifestamos a nosa solidariedade cos detidos e denunciamos publicamente este tipo de medidas represivas que supoñen un grave recurte dos dereitos democráticos.

Coa excusa da loita contra o terrorismo, a burguesía está limitando as liberdades democráticas e vulnerando os dereitos fundamentais. Pero en realidade, non é o terrorismo o que preocupa á burguesía, xa que é un método que non a prexudica, senón que, polo contrario, lle serve como escusa para fortalecer o aparato represivo do seu Estado. A burguesía prepárase para un contexto de incremento da loita de clases en Europa: as medidas represivas serán mañá utilizadas contra a loita revolucionaria da clase obreira (o auténtico inimigo da burguesía), aínda que hoxe as xustifique como necesarias para combater o terrorismo. A recente promulgación do estado de excepción polo goberno francés (que incluiu a prohibición de manifestacións) é unha proba de que a represión é a única resposta que vai dar a burguesía á crecente contestación ó seu sistema.