Imprimir
El Militante agrupa á corrente marxista que ten por obxectivo fortalecer as ideas do auténtico socialismo entre os traballadores e a mocidade. A nosa actividade desenvólvese no terreo ideolóxico, político, sindical e xuvenil porque para o éxito da lo Que somos

El Militante agrupa á corrente marxista que ten por obxectivo fortalecer as ideas do auténtico socialismo entre os traballadores e a mocidade. A nosa actividade desenvólvese no terreo ideolóxico, político, sindical e xuvenil porque para o éxito da loita pola transformación socialista da sociedade é fundamental construír un movemento marxista con fortes raíces na clase obreira e na xuventude. En El Militante participamos traballadores e mozos dispostos a construír un xenuíno movemento marxista e a loitar pola revolución socialista, non só en Galiza ou no Estado español, senón internacionalmente.

Que defendemos

A pesar da enorme campaña da burguesía para espallar que as ideas socialistas e comunistas están anticuadas e que fracasaron, nós pensamos que a loita pola transformación socialista da sociedade é hoxe máis necesaria ca nunca. O que fracasou foi o estalinismo, unha deformación do socialismo. O socialismo non ten nada que ver cos privilexios dunha casta burocrática, contra os que Marx, Engels, Lenin e Trotski sempre loitaron.

O capitalismo significa desemprego, precariedade, fame, guerra, opresión e morte para a inmensa maioría da poboación do mundo. Ese é o prezo a pagar por un sistema no que unha pequena minoría da sociedade posúe os medios de producción co único obxectivo de obter beneficios.

Non obstante, o desenvolvemento tecnolóxico e productivo acadado baixo o sistema capitalista creou as bases para que a humanidade poida vivir nunha prosperidade sen precedentes, pero a condición de que os medios de producción estean ó servizo do conxunto da sociedade, e non dunha minoría. Por iso defendemos a nacionalización das grandes empresas, os monopolios e a banca, como primeiro paso para poñer en marcha unha economía planificada baixo o control democrático dos traballadores.

A liberación das forzas productivas dos intereses privados que actualmente as dominan suporía unha conquista impresionante para o progreso da humanidade. O desenvolvemento capitalista foi en paralelo á súa mundialización, como xa explicaran Marx e Engels no seu Manifesto comunista. Baixo o dominio dunhas poucas multinacionais, protexidas polos respectivos imperialismos, a internacionalización da economía significa explotación, deslocalizacións, desemprego, precariedade, miseria, golpes de Estado e guerras. Só unha Federación Socialista Mundial baseada na democracia obreira utilizaría racionalmente os recursos do planeta, dando así remate ós graves problemas que hoxe padecemos e proporcionando unha vida digna a tódolos seres humanos desde o berce ata o cadaleito.